xoves, 18 de xullo de 2013

V Marcha de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño (1ª parte)

O pasado 25  de maio tivo lugar a V Marcha de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño, que, tra-lo "descanso" do ano pasado, retomou a súa singladura. De seguido podedes ver un mapa co percorrido de máis de 36 quilómetros que fixemos.

Mapa da V Ruta de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño, realizada o pasado sábado 25 de maio de 2013.

Ver Ruta Sendeirismo Meaño-Castrove en un mapa más grande


Este ano xuntámonos para a ocasión nove valentes que partimos de Meaño cara a aventura, para disfrutar dun singular día, que por esas cousas dun inverno tan longo e unha primavera tan curta (ou inexistente), regalounos o magnífico espectáculo das xestas coa flor no máximo esplendor. O amarelo foi, sen dúbida, a cor do día, e non deixou de acompañarnos ata o remate da singladura.

Ademais do amarelo brilante das xestas, houbo moito amarelo dourado de toxos e rosa dos carrascos. Todo un deleite para vista e o obxectivo da cámara.

Xestas, carrascos, toxos.... e para rematar unha cervexiña fría, fría.

É de salientar que desde este ano, a marcha ten xa o carácter de internacional, xa que tivemos a compaña de Magie, unha cidadana sueca que veu disfrutar da naturaleza galega.

Xa na Armenteira, e coincidindo coa tradicional pausa para tomar un café, uníronsenos os dous espedicionarios restantes, que nos acompañarían na parte central do percorrido. 

Tra-la fermosa, aínda que agotadora xornada, Manuel e Maribel, tiveron a ben agasallarnos cunhas cervexiñas ben, ben frías, que desde logo axudaron a mitigar o cansancio da xornada, pero sobre todo a sede. Que boas estaban!



Os nove expedicionarios que iniciaron a ruta en Meaño (os outros dous restantes uniríansenos na Armenteira)

No mirador da Queimada.

No vértice xeodésico de Fontefría, punto máis alto do Concello de Meaño (397 m sobre o nivel do mar)

O espectacular día e as xestas propiciaron unhas magníficas vistas da Ría de Arousa desde o punto máis alto de Meaño

Subida hacia o Monte Castrove, moi preto da Armenteira.

No vértice xeodésico do Monte Castrove, punto máis alto de todo o percorrido (616 m sobre o nivel do mar)

Xa na baixada, en pleno Rego de San Martiño

Xa na parte final, o cansancio fai mella en tódolos espedicionarios. 36 quilómtros non che son moco de pavo!

1 comentario:

Tino Hermida dixo...

Como cada ano resulta unha cita entrañable. Cansanzo ao chegar... pero, que plenitude! Mentalmente reconfortante. (Iso sí, chegamos xustiños para ver a final da Copa de Europa)