venres, 27 de agosto de 2021

CORRER POR MEAÑO (2ª edición)

Por segundo ano consecutivo, Meaño non terá Carreira Popular. A falta de decisión desde o concello, desde a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. tiramos de ilusión e de imaxinación, para soprarlle un chisco co obxecto reavivar a chama e mantela aí en espera dun regreso. Facémolo retomando o “CORRER POR MEAÑO”, que xa puxemos en órbita o pasado ano. Porque o noso nunca foi o de quedarnos quietos. Ti anímaste? 

XXXV Carreira Popular de Meaño-2019

CORRER POR MEAÑO volta a ser unha iniciativa altruísta, aberta a tod@s, e cun sentido dobre. Por una banda, para que tod@ aquel/a que senta a chamada poida correr no circuíto de sempre, de voltar a correr por Meaño. E, por outra, podendo ser unha ocasión para aportar un chisco de correr ti por Meaño, nun ano no que as carreiras empezan a voltar aos calendarios.

Carreira Popular 2009, pelotón de saída das categorías de rapaces


Como participar? Non é un evento concreto, non ten data nen hora. O que facemos é recoller as vosas experiencias individuais. A partir de xa, dispós ata o 18 de setembro, para correr ou andar o percorrido do que era (e seguirá sendo) circuíto da Carreira Popular. Cronometra o teu tempo (opcional), se o tes mándanos ese rexistro co teu nome (máis un teléfono ou correo-e de contacto) e unha foto da túa experiencia de participación no II CORRER POR MEAÑO (individual ou con amig@s). Remíteo ao correo-e asociaciongam@gmail.com. Nós publicaremos nas nosas redes sociais, e as vinculadas á asociación, a foto, nome e tempo empregado por ti (se mandas rexistro), para poder compartilo con tod@s.


Gracias á colaboración das firmas patrocinadoras históricamente desde Carreira, ALBARIÑO PACO e LOLA, QUINTA DE SAN AMARO e CAFÉ-BAR LAGE, a asociación G.A.M. realizará, entre todos os atletas e andantes que participedes enviando a vosa experiencia en CORRER POR MEAÑO, un sorteo de:

ADULTOS: 2 sorteos de sendos lotes de albariño PACO&LOLA,
con visita guiada á adega para dúas persoas 

ADULTOS: 2 sorteos de sendos bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO
(con viño e tres tapas) para dúas persoas

INFANTIL: 2 sorteos de sendos vales de hamburguesa + refresco para dúas persoas
en CAFETERÍA-BAR LAGE (nen@ e acompañante)


IMPORTANTE: Para participar no sorteo debes aportar unha foto que reflexe un momento da túa participación nesta iniciativa, nome, idade (para saber se participas en lote de adultos ou infantil), tempo (opcional) e un contacto (telefónico ou por correo-e). Participar no sorteo implica a autorización para publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas redes sociais vinculadas a CORRER POR MEAÑO. Remite todo (nome, foto, idade, tempo empregado no circuíto -opcional- e contacto) á dirección de correo-e  asociaciongam@gmail.com

NOTA: Os agasallos sorteados entregaranse a inicios de outubro (unha vez pasada a vendima). En boa lóxica, os premiados deberán acreditar a súa identidade no momento de facer uso, e os bonos que se entreguen serán personais e instransferibles.

Cal é o teu circuíto?
CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros, para os nados en 2007 e anos anteriores.
CIRCUITO MEDIO: 1.660 metros, para os nados entre 2008 e 2013.
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 metros, para os nados en 2014 e 2016 e anos posteriores.


A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte se dubidas no percorrido. 
   
Perfil do circuíto de de 6,3 kms.

 
Podium de categorías inferiores, 2017


2011, Pedro Nimo (210) e Rafael Fuentes (376)
no grupo cabeceiro ao seu primeiro paso por meta