CTM GAM


Coa denominación Clube de Tenis de Mesa GAM (a partires de agora CTMGAM) nace unha sección dentro da Asociación GAM destinada á creación de equipos federados para competición en diversas ligas. De cara á temporada 2019-2020 inscribimos dous equipos, un femininio, que repite da temporada anterior, e un masculino que inicia a súa andanza nesta que acaba de escomezar.


TEMPORADA 2019/2020
A continuación poñemos o calendario da segunda división galega (grupo centro) na que participan os nosos equipos.




VINDEIRA XORNADA (2ª división galega, grupo centro)
Sábado 8 de febreiro ás 17:00 xogan os nosos equipos na casa, enfróntase o CTM GAM feminino co CDTM Top Spin Pazo Xerlís e o CTM GAM Masculino co Vilagarcía Craftium.





Ningún comentario: