Carreira Popular de Meaño



A Carreira Popular de Meaño naceu en 1985 no seo dun colectivo de xóvenes metidos de cheo na organización de actividades culturais e deportivas, que contribuirán a espertar un maior dinamismo social na propia localidade de Meaño. Ese colectivo agrupábase en torno a unha entidade non legalizada que era a S. C. D. Meaño, integrada daquela por preto de 25 persoas que organizaba festivais, teatro, conferencias, etc., e que na primavera de 1985 decidíu por en práctica un novo proxecto: a Carreira Popular de Meaño.

Os primeiros anos

Saída da edición de 1990A primeira edición da Carreira celebrouse o primeiro domingo de maio do ano 1985, para facela coincidir coa festa de Inmaculada Concepción que Meaño celebraba nesa xornada. Cun presuposto que rondaba apenas 80.000 pesetas logrou congregar daquela a uns 80 corredores. O circuíto era distinto ó actual e máis curto (en torno ós 4 kms.), con meta mesmo diante do concello, á que se chegaba baixando desde a de Otero pola estrada local PO-303. A boa acollida, con presencia incluída de varios atletas veteranos vidos doutros concellos, animou á organización a repetir a experiencia no ano seguinte, buscando xa de institucionalizar a proba.

Na segunda edición (1986) a carreira cambiou de data e celebrouse o segundo domingo de setembro, en coincidencia coa festa da Virxe dos Miragres, patrona do concello. O cambio obedecía á posibilidade de contar con mellor tempo esas datas e aproveitar, ademáis, o período de vacacións de verán dos membros da organización, en boa parte estudiantes entonces, para preparar mellor os pormenores da proba. Tamén se modificou o circuíto, que se alongou para a ocasión ata ós 5 kms. e que xa se adentraba en Paradela desde Meaño para logo subir hacia Galiñáns e ter a meta diante do concello vindo desde Simes pola local PO-303. Participaran preto dun centenar de atletas. A proba resultou un fracaso organizativo: choveu a mares e o coche que servía de guía en cabeza de pelotón trabucou o percorrido na metade o que obrigou a deter a carreira, voltar á zona de meta e dar unha segunda saída.

Amigos da Carreira

Foi precisamente ese fracaso o que espoleou ós membros da organización para mellorar e “profesionalizarse” ó máximo cara a edición do 86. Por ese ano desaparecera aquel embrión de entidade que pretendía ser a S.C.D. Meaño, pero a Carreira sobrevivíu gracias a algunha daquela xente que se mantivo e que asinou esos anos baixo o nome de “Amigos da Carreira”. Empezáronse a visitar outras probas para aprender da súa organización, traballouse con maior antelación, divulgouse con máis publicidade, estudiáronse os elementos que se ían poñer en práctica..., todo para non repeti-lo fracaso do ano anterior. Adoptouse, xa naquela edición, un circuíto moi semellante ó actual. Era a época das xuntanzas nocturnas na terraza do Bar Solla, a falta de local propio. Involucrados naquela organización estaban Xosé Antonio Vieitez, Tino Hermida, Rafael Vidal, Guillermo Rodríguez, Antonio Reboredo e Baldomero Torres. O bo traballo trouxo consigo un éxito pleno naquela terceira edición que dexiou contentos a todos.

Atletas de primeira liña

Alexandre Gómez na edición de 1997
As edicións seguintes acabaron por consolidar a Carreira. Continuouse profundizando na liña de “profesionalización”, incrementáronse as categorías, adoptouse o circuíto actual (6,5 kms.) en 1987, etc. A fins dos anos 80 a organización estabilízase ó conformarse a raíz do colectivo organizador a asociación cultural e deportiva GAM (Grupo de Amigo de Meaño). Isto deu un novo brío á Carreira que, aupada polo maior número de socios invlucrados na organziación, buscou pronto novas metas. Acordouse conceder premios en metálico ós primeiros clasificados e establecer trofeos de prata para as categorías superiores. Incluso se formou unha comisión, con Guillermo Rodríguez á fronte, para entrenar polas noites nun intento de animar ás xentes de Meaño a participar na Carreira. Todo nun intento por gañar en participación, e contar incluso con algúns corredores de alto nivel, co que a Carreira gañaría en tódolos aspectos. A necesidade de incrementar presuposto fixo que a inicios dos 90 a organización empezara a construir e pintar en locais propios vallas publicitarias das firmas que decidían contratar publicidade estática para o día da Carrreira. Isto maila axuda firme do concello fixo que o presuposto medrara ata as 900.000 pesetas, e a participación acadara os 325-360 atletas procedentes das catro provincias galegas (con presencia en Meaño de 30 municipios) e incluso norte de Portugal (1992). Empezaban a desembarcar en Meaño atletas de gran nivel, moitos dos cales inscribiron o seu nome como vencedores: Carlos de la Torre, Alexandre Gómez, Serafín Portela, Elisardo de la Torrre, Anne Middle, Alcira Lario, Solead Castro, Esther Pedrosa, etc.

Homenaxe a Rosales

Manuel Rosales
Na duodécima edición (1996) a Carreira vivíu outro salto decisivo. A organización decide facer desa edición unha homenaxe ó campeón do mundo de marathón en categoría de veteranos, Manuel Rosales, pola súa fidelidade para con esta proba desde os primeiros anos. A instancias da asociación GAM o Concello acorda a concesión da insignia de prata ó atleta marinense, quen á súa vez doaba, no momento de recollela no mesmo día da Carreira en Meaño, a medalla de ouro que gañara no Campeonato do Mundo de Maratthón celebrado Birmingham (Inglaterra) no ano 91. Foi un ano decisivo: a Carreira superou os 400 participantes, gañaba Elisado de la Torre e a proba consolidábase como unha das grandes de Galicia. 

Concello, albariño e informática

A organización seguía a permañecer atenta para manter elementos que funcionaban ben e traballaba desde a autocrítica para seguir incorporando melloras. Destacar en canto a isto que en 1997 incorpórase un programa informático confeccionado por Santi Alfonso, programa que a partir dun sistema de dorsais propios provistos dun código de barras asimila, a través dun lector, os datos de cada corredor no momento da súa entrada en meta. Este sistema, vixente desde entonces, permite confeccionar en pocos minutos unha clasificación exacta, e por tempo real, de cada categoría, circuíto ou xeral, ademáis de minimizar a posibilidade de erros na asignación dos premios. Mencionar tamén a colaboración que presta desde 2007 a firma Albariño Rosalía de Castro, que da desde entón nome á proba como “Gran Premio Albariño Rosalía de Castro”, consistente na entrega ós gañadores, tanto masculino como feminino, do equivalente ó seu peso en botellas deste prestixioso Rías Baixas.

Nos últimos anos o presuposto da Carreira Popular ronda a cifra de 7.212 euros, ou 1.200.000 pesetas. A participación móvese en torno ó 430-514 atletas. Atletas que como García Gendra, Carlos Adán, Jesús de la Fuente, Manuel Pena, Pedro Nimo, María Abel, Fátima Paz, Griselda González, Mª Jesús Gestido ou Leonor Carneiro inscribron o seu nome como vencedores nestas últimas edicións. O récord da proba no circuíto de 6,5 kms. está, desde o 2001, en poder de Jesús De la Fuente (Santiago) cun tempo de 18'02''.

25 aniversario e final

O paso dos anos, as cargas familiares e laborales, e, sobre todo, a escasez de membros implicados de cheo na organización, fixeron que pouco a pouco a organización pasara de ser unha tarefa case inasumible polos membros en activo. Así é que no ano 2009, e coincidindo co 25 aniversario da carreira, os membros do GAM deciden organizar por derradeira vez a carreira. A edición dese ano foi un rotundo éxito que, se cabe, fixo máis dura a decisión tomada.
No ano seguinte, e antes de que se perdera definitivamente a carreira, os membros deciden ofrecerlle ó Concello de Meaño a organización da proba, que acepta o reto. É así que no ano 2010, na súa vixésimo sexta edición, a Carreira Popular de Meaño pasa a ser organizada polo Concello.

Ningún comentario: