mércores, 19 de setembro de 2018

XX TORNEO INTERNACIONAL DE MONTEPORREIRO

O pasado 9 de setembro, coincidindo coa Carreira Popular de Meaño, o CTM GAM participou por segunda vez nunha competición de tenis de mesa, concretamente no XX Torneo Internacional de Monteporreiro.

Nesta ocasión o equipo estivo formado por Maribel, Ricardo, Rosi e Sandra e, como na anterior ocasión, o resultado foi o de menos. O importan

 te foi participar e ir collendo experiencia en competición de cara á liga 2018/2019.


Noraboa rapazas... e rapaz!!!
 



martes, 18 de setembro de 2018

ESTREA DO CTM GAM EN COMPETICIÓN

Imos facer un repaso da actualidade do CTM GAM antes do parón da vendimia (partido, por certo, ó que non se pode un non presentar).

O pasado domingo 2 de setembro tivo lugar a estrea oficial do CTM GAM en competición, concretamente no IX Trofeo Internacional Concello de Oroso. As tres valentes que deron o paso para perder a virxinidade nestes lances, foron Bea, Maribel e Mónica, acompañadas polo "míster". O resultado, o de menos. O realmente importante foi dar ese primeiro paso, que esperemos sexa o primeiro de moitos.

Despois dos nervios iniciais, pronto se fixeron coas rendas do asunto, e aínda que o destino deparou un enfrontamento "fraticida" entre compañeiras, ó final todas acabaron disfrutando do envento.

As cariñas son como as nenas no primeiro día de cole!!

Bravo chavalas!!!