A asociación cultural e deportiva GAM (Grupo de Amigos de Meaño) nace no mes de febreiro de 1989 arredor dun colectivo dunhas dez persoas, xóvenes na súa maioría, cunha media de idade en torno ós 23-24 anos e naturais da propia localidade da Meaño que buscaban unha alternativa de ocio distinta e que os involucrara na realidade social na seu pobo. Pero tamén en bo grao xurde a partir da necesidade de darlle unha cobertura legal a Carreira Popular de Meaño, proba que aparecera en 1985 e que aquel ano 89 cumpría a súa sexta edición.
Proxecto frustado
A asociación GAM nace froito dunha xeración inqueda, que xa antes tentara alumbrar unha entidade deste tipo nun Meaño que ata entonces non coñecía asociación algunha. Na súa maioría eran estudiantes que empezaban a saír do municipio para iniciar estudios de bacherelato ou formación profesional, e que tiñan contacto os fins de semana para pasar o tempo libre ou empezar a saír de marcha. O núcleo orixinario conformábano Serafín Meis, Xosé Antonio Vieitez, Rafael Vidal e Tino Hermida.
No ano 1980 ese grupo, nun principio conformado apenas por media decena de persoas, congregou por carta a tódolos veciños da localidade a unha xuntanza no salón de actos da antiga cámara agraria. O obxectivo non era outro que, axuda da xente maior -eles eran menores de idade-crear unha asociación para a cal debería saír daquela xuntanza unha xestora. A convocatoria tivo tal éxito que o salón quedou pequeno. Dalí salíu un embrión de xestora, conformada por aqueles xóvenes máis algúns maiores, con miras a traballar para alumbrar a que se pretendía chamar Sociedade Cultural e Deportiva Meaño. Sin embargo, o paso do tempo confirmou o nulo compromiso dos maiores que acabaron deixando esmorecer o proxecto.
Trapote e os festivais

Fracasado aquel primeiro intento o grupo de xóvenes apostou por outras vías. Empezáronse a organizar algunhas actividades por parte dunha S.C.D. Meaño carente de marco legal algún pero a que se sumanron moitos: Mª Esther Frieiro, Mª Xesús Crespo, Guillermo Rodríguez, Pablo Dovalo (fillo), Carlos e Rosa Telmo, Arturo Roel, Rosario Martínez, Ángeles Vidal, Lourdes Domínguez, Rafael Moraña, Mª Dolores Vieitez, Samuel Sóñora e moitos outros, ata sumar preto de 25 xóvenes. Eran os anos 1983-86, os anos de festivais na casa de cultura de Meaño (febreiro e novembro de 1985) dirixidos de xeito altruísta e maxistral por Miguel Trapote, do teatro, dos ciclos de conferencias sobre ciencias ocultas e educación, do enterro da sardiña, da fogueira e sardiñada na noite de San Xoán, dos guateques no local do baixo do concello, do fútbol-sá, do balonmán e, no ano 1984, do nacemento da Carreira Popular de Meaño. Foron anos bos, de grupo, de ambiente e diversión sá, e que cimentaron con ilusión o futuro.
Pero as circunstancias persoais dalgunhas persoas que lideraban aquel movemento fixéronlles cambiar de domicilio e abandoaron Meaño. A falta de apoios e o cansancio fixeron o resto. As actividades foron espaciándose cada vez máis e a S.C.D. Meaño acabou esmorecendo. Tan só sobrevivíu a Carreira Popular que seguíu organizándose por parte dun reducido grupo que se mantivo firme e que pasou a asinar os carteis baixo o nome de "Amigos da Carreira": Guillermo Rodríguez, Xosé Antonio Vietez, Rafael Vidal, Tino Hermida, Antonio Reboredo e Baldomero Torres e poucos máis.

Nace o GAM
Foi no ano 1988 cando ese grupo que se movía en torno á Carreira decidíu dar o paso de legalizarse como asociación cultural e deportiva para organizar a proba, conseguir subvencións e apostar incluso por outras actividades. Nace así en febreiro de 1989 a asociación GAM siglas que veñen a significar Grupo de Amigos de Meaño, un nome que resumía mellor que nada o que era aquel reducido colectivo: un grupo de amigos (a maioría integraban unha pandilla que adoitaba saír xunta moitos fins de semana) identificado e moi comprometido co pobo onde naceran e que os vía medrar.
A asociación medrou con forza nos primeiros anos e os seus membros deron mostras sobradas de capacidade organizativa: Carreira Popular, Subida en Bici á Escusa, visita de Papá Noël en Nadal, revista "O Moucho Verde", comparsa de Entroido, Carreira de Camas Sobre Rodas, foro de debate "A Cova do Trasno", actividades de ocio para os nenos de Meaño en torno ó local social, curso de guitarra no verán, etc. Cabe destacar que a esta asociación cábelle tamén o mérito de ter sido o auténtico protagonista da creación da hemeroteca municipal, feita a partir dun fondo de 18.000 exemplares de xornais desde 1929 para acá pertencentes o que fora cura de Meaño Desiderio Dovalo e que estaban destiñados á queima tala morte do párroco. O GAM salvou os xornais da fogueira, limpinounos e clasificounos para logo ofrecer este tesouro cultural ó concello a cambio de que serviran de fondo para a creación dunha hemeroteca pública. Tino Hermida estaba a ser o primeiro presidente.
Nesos primeiros anos a asociación acadou o seu número máximo de socios e que chegou a rondar a cifra de 35. Isto permitíu un organigrama de distintas comisións que funcionaban de xeito simultáneo o que permitía a posta en marcha de diversas actividades. Cabe ter en conta, desde a súa fundación, esta entidade ten a particularidade de aceptar únicamente como socios a persoas que se impliquen de xeito activo en proxectos de traballo.
Un aula cedida polo Concello no baixo do consistorio servíu de local social nesos primeiros anos, pero unha reordenación do espacio por parte do goberno municipal en 1992 acabou por dar coa organización en local privado, local que ela mesma se costeou. Foi un veciño da localidade quen lles cedeu unha vella barbería en As Covas, semiderruida, que o GAM reconstruíu a forza de invertir nela preto de 3.600 euros de fondos propios e pola que pagou un aluguer simbólico durante anos.
Pero co paso dos tempo afloraron problemas de goteiras e humidade que dificultaban a habitabilidade do local e facían necesaria unha nova inversión. Foi por isto que, tras unha negociación co concello, aceptouse un local provisional na casa de cultura (2001) e logo un definitivo na antiga cámara agraria (2002), local que desde fai meses está sendo reformado no interior para voltalo máis acolledor.
Foron presidentes a longo desos anos, Baldomero Torres, Rafael Vidal, Tino Hermida que voltou ó cargo, Elena García e Mauro Rodríguez. Actualmente a asociación mantense con 13 socios e está presidida desde este ano 2003 por Marcos Castro. A reducción de socios obedece a que moitos foron deixando por obrigas laborais ou familiares, outros por esgotamento, e á falta en sí dun relevo xeracional. Isto fixo descender o número de actividades que organiza a asociación, seguendo a ser a Carreira Popular e desde o 93 a Carreira de Camas Sobre Rodas (nacida no 93) os buques insignias da entidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario