sábado, 3 de agosto de 2024

 A Cova do Trasno

Canta a HERMINIA FARIÑA

Entrega extra de verán do foro “A COVA DO TRASNO”, que organiza a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. Será o vindeiro venres, 9 de agosto, ás 21,45 horas, no Pazo de Lis en Meaño, ás 21,45 horas, e cun evento arredor da poeta meañesa Herminia Fariña Cobián.


Nesta ocasión, un acto músico-poético, acompañado dun pequeno coloquio co público. Servirá para escoitar en directo ao músico e compositor meañés Rafa Dovalo, con guitarrra e voz, sen artificios, cantando dous poemas de Herminia Fariña, no seu día musicados por el, pero nunca foron interpretados en directo diante do público. Por esta razón será unha ocasión única e irrepetible, nun xesto emotivo tamén co propio Rafa Dovalo (outrora organista en orquestras como “Los Salneses” e “Solera”), aproveitando a súa estadía estival estos días en Meaño, antes do seu regreso a Finlandia, onte está radicado. A para enmarcalo, contaremos tamén a escritora e comunicadora cuntense Baia Fernández, que repteria presencia no noso municipio para poñer voz en vivo aos versos de Herminia Fariña.


Cunha duración estimada de tan só 35 minutos que, a bo seguro, deixará gañas de máis, e que pretende ser un xesto para coa memoria colectiva do Meaño que somos.


Ningún comentario: