ALTURA DE MIRAS
Blog da Asocación Cultural e Deportiva G.A.M. (Grupo de Amigos de Meaño)
domingo, 29 de decembro de 2024
sábado, 21 de decembro de 2024
A Cova do Trasno: “QUE MIRAS?”
Hai cousas que non se ven a simple vista cos ollos, senón que se ven só co corazón. Nadal é un dos momentos para entrenalo. Con tal motivo, a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. bríndanos un segundo encontro do seu “A Cova do Trasno”, no que compartir nesta ocasión, con outra mirada, unha historia tenra, desas que van directas ao corazón. Será este vindeiro venres, 27 de decembro ás 20,30 horas no Pazo de Lis, coa colaboración de adegas Lagar O Parral (Lores), nun encontro para departir co xornalista e escritor Fernando Salgado, e con Susi Maquieira, a entrañable protagonista de “Que miras?”, unha dóce historia para mirar dentro de cada un de nós.
Evento meramente cultural co formato de coloquio ameno e directo, duración de 50 minutos, e aderezado con música en vivo. Se o anterior encontro estaba dirixido aos cativos, este está concebido, dun xeito especial, pensando en ti, porque ti te paras un intre, porque compartes, porque sabes que as cousas son máis fermosas cando as ves cos ollos do corazón. Compartir emocións, multiplica a felicidade e amortigua a aflición dos desencantos.Ademáis, pode ser unha boa ocasión para levarte no peto -se che apetece-, adicada, unha boa historia, desas de verdade, para agasallar neste Nadal a quen ti máis queres. Despois de ler veralo con esos outros ollos. Porque ler conta, ou non?
xoves, 28 de novembro de 2024
A Cova do Trasno Infantil con…
“CARACOL CARA DE COL”
A Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. volta con “A Cova do Trasno” neste curso 2024-25, un espazo cultural, foro de debate e coloquio onde compartir opinións e inquedanzas no Meaño que nos toca vivir. Se o curso pasado, o fío condutor era recuperar para a historia a memoria de tres persoeiros meañeses esquecidos (o político José Calviño, a poetisa Herminia Fariña e o último xograr Eugenio Padín “Cego de Padrenda”), neste curso, o centro vai a preocupación polas diferentes xeracións actuais.
E facémolo empezando precisamente pola xeración dos cativos, presentando de entrada unha “Cova do Trasno” infantil: o nunca ha visto ata o de agora nesta Cova. Será nun formato diferente, dirixido especialmente para disfrute dos nenos, e a cita é este vindeiro venres 29 de novembro ás 20,30 horas. Ademáis farémolo nun marco diferente, elexido para ocasión: a biblioteca escolar do CEIP de As Covas. Nela, a escritora cuntense Baia Fernández presentará e ensinará ás familias e aos cativos a disfrutar do mundo do conto infantil, a través de su conto “CARACOL CARA DE COL”, que pode resultar un boa opción como agasallo de Nadal. Pero, o mellor será escoitalo e disfrutalo en directo, nun acto de apenas 40 minutiños e que, engadido, e como marca desta Cova do Trasno, tamén contará coa súa dose música en vivo para esta posta en escena, que será música de mamá. Foto: Baia Fernández
Se eres pai, nai, avóa ou avoa, o mesmo tes críos pola casa, esta vai ser unha ocasión única para achegarte cos cativos á Biblioteca do CEIP As Covas onde, por un momento máxico nese cachiño de noitiña nada vai o que semella. Queres descubrilo? Non faltes.
venres, 30 de agosto de 2024
Cantando e recitando a... HERMINIA FARIÑA
Tocando o fin de verán, e antes de afrontar a vendima, chegamos no día Virxe da Lanzada, para compartir desde aquí o vídeo “Relembros do Hirmán Emigrante”, extraído do foro “A Cova do Trasno… canta a Herminia Fariña”. Na voz de Baia Fernández, os versos de poetisa meañesa esquecida, e na Rafael Dovalo o poema de Herminia Fariña, musicado por este músico e compositor meañés fai máis de dúas décadas. Un cantar que nunca escoitaches e, sobre todo, nunca viches. Aos seus 82 anos, Rafael soltouse como antaño con “Los Diamantes”, “Los Chicos de España”, Los Salneses” ou “Solera” entre outros, para con guitarra interpretar a canción. (Na foto: Baia Fernández e Rafael Dovalo)
“Relembros do Hirmán Emigrante” fora un poema escrito por Herminia Fariña e publicado nos anos 40 do século pasado na revista pontevedresa “Sonata Gallega”. En plena posguerra e metidos nos “tempos de fame” no que o ditadura sumirá ao país, Herminia Fariña fai un canto egrexio ao emigrante galego anónimo que, allende do océano, sinte morriña da súa aldea galega.
O vídeo gravábase o pasado 9 de agosto con motivo deste encontró organizado pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M no Pazo de Lis-Museo da Muller Labrega Herminia Fariña. Desde aquí no noso agradecemento sentido a Baia Fernández e Rafael Dovalo por facer posible este documento. E, engadido a tamén meañés Pablo Dovalo Falcón, que asumiu de xeito altruista a gravación, edición montaxe de vídeo. Orgullosos desde Asociación G.A.M. de cegar a ti con gusto. Desde aquí toca o maís doado, compartilo par achegar a ti. Un humilde legado. Sen pretensións.
Deixamos tamén aquí un enlace da páxina de Rafael Dovalo por se queres curiosear ou escoitar algúns dos moitísimo temas compostos: https://www.dovalorafa.com/
![]() |
Un intre da gravación en público |
sábado, 3 de agosto de 2024
A Cova do Trasno
Canta a HERMINIA FARIÑA
Entrega extra de verán do foro “A COVA DO TRASNO”,
que organiza a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. Será o vindeiro venres, 9
de agosto, ás 21,45 horas, no Pazo de Lis en Meaño, ás 21,45 horas, e cun evento
arredor da poeta meañesa Herminia Fariña Cobián.
Nesta ocasión, un acto músico-poético,
acompañado dun pequeno coloquio co público. Servirá para escoitar en directo ao
músico e compositor meañés Rafa Dovalo, con guitarrra e voz, sen artificios,
cantando dous poemas de Herminia Fariña, no seu día musicados por el, pero nunca
foron interpretados en directo diante do público. Por esta razón será unha ocasión
única e irrepetible, nun xesto emotivo tamén co propio Rafa Dovalo (outrora
organista en orquestras como “Los Salneses” e “Solera”), aproveitando a súa estadía
estival estos días en Meaño, antes do seu regreso a Finlandia, onte está
radicado. A para enmarcalo, contaremos tamén a escritora e comunicadora cuntense
Baia Fernández, que repteria presencia no noso municipio para poñer voz en vivo
aos versos de Herminia Fariña.
Cunha duración estimada de tan só 35 minutos que,
a bo seguro, deixará gañas de máis, e que pretende ser un xesto para coa
memoria colectiva do Meaño que somos.
Entrega extra de verán do foro “A COVA DO TRASNO”, que organiza a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. Será o vindeiro venres, 9 de agosto, ás 21,45 horas, no Pazo de Lis en Meaño, ás 21,45 horas, e cun evento arredor da poeta meañesa Herminia Fariña Cobián.
Nesta ocasión, un acto músico-poético,
acompañado dun pequeno coloquio co público. Servirá para escoitar en directo ao
músico e compositor meañés Rafa Dovalo, con guitarrra e voz, sen artificios,
cantando dous poemas de Herminia Fariña, no seu día musicados por el, pero nunca
foron interpretados en directo diante do público. Por esta razón será unha ocasión
única e irrepetible, nun xesto emotivo tamén co propio Rafa Dovalo (outrora
organista en orquestras como “Los Salneses” e “Solera”), aproveitando a súa estadía
estival estos días en Meaño, antes do seu regreso a Finlandia, onte está
radicado. A para enmarcalo, contaremos tamén a escritora e comunicadora cuntense
Baia Fernández, que repteria presencia no noso municipio para poñer voz en vivo
aos versos de Herminia Fariña.
Cunha duración estimada de tan só 35 minutos que,
a bo seguro, deixará gañas de máis, e que pretende ser un xesto para coa
memoria colectiva do Meaño que somos.
sábado, 15 de xuño de 2024
Asociación Cultural e Deportiva G.A.M.
“A COVA DO TRASNO” RESCATA AO CEGO DE PADRENDA CO SEU “XAN PIRULÉ”
Volta A COVA DO TRASNO, un foro-coloquio de ámbito cultural que completará a terna de tres encontros por curso, que así o concibe a asociación G.A.M. Nesta ocasión viaxaremos á parroquia de Padrenda para poñer en valor alí a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”. Será o vindeiro sábado día 22 na Casa de Cultural de Padrenda ás 22 horas, e con entrada libre. Contempla unha charla-coloquio sobre este personaxe, para descubrilo ás novas xeracións, ou para contar cos maiores de Padrenda para que aporten as lembrazas legadas polo antergos sobre o cego Padín.
Charla, coloquio e, como e norma neste foro por parte de organización, música en directo de mans do acordeonista Pablo Dovalo e da soprano meañesa Rosana Domínguez, que é natural e veciña de Padrenda.
O “hit” e as razóns
Rosana Domínguez e Pablo Dovalo interpretarán en directo “O Xan Pirulé”, que fora o hit musical do cego Padín alí onde ía, acompañados polo acordeón que era o instrumento de cabeceira do cego. Pero non só poderá escoitalo, senón que o público, guiados por estos intérpretes, terán despois a ocasión de poder aprender a cantar “O Xan Pirulé”, y interpretalo xuntos ao remate na honra do “Cego de Padrenda”. Unha experiencia única e irrepetible, da que nunca poideches disfrutar. Un canto do que os maiores de Meaño e bisbarra oiron falar, que que nunca souberon cantar. Esteas onde esteas, léanos de ondo nos leas, a túa ocasión está en Padrenda o vindeiro sábado. No o perdas. E máis, para rematar, e no peto unha última sorpresa do que as xentes de Padrenda van disfutar.
O que move a esta “Cova do Trasno” da asociación G.A.M. é precisamente contribuir a divulgar a nosa cultura de aldea. Facelo con honra, sen complexos, nen tapuxos nen medos. Facémolo coa única de pretensión de que a nosa historia permañeza por enriba do material. Sentimento puro. Non máis.
Os personaxes esquecidos
Con este terceiro encontro péchase a terna de personaxes
escollidos para ser rescatados. Antes, en novembro, iniciabámolo con José
Calviño Domínguez, elixindo para iso o seu Lores natal. Fora o político máis
importante habido en Meaño: gobernador civil de Pontevedra, Vizcaya e Sevilla,
Director Xeral de Beneficencia no Goberno de España e deputado en Cortes pola
ORGA, colléndoo golpe do 1936 nun cargo de goberno en Madrid, tendo que exiliarse
a Francia.
Logo, o pasado mes de maio, no mes das Letras, rescatabamos á
poeta Herminia Fariña. Fixémolo en Simes, que fora a súa parroquia meañesa de
adopción, e onde está soterrada. E agora toca co cego Padín e o seu “Xan Pirulé”.
Punto e final a unha terna de encontros coa queremos contribuir humildemente a
rescatar para a memoria colectiva a estos nosos valedores.

O cego de Padrenda en Cambados, visto polo pincel de Castelao
Os personaxes esquecidos
Con este terceiro encontro péchase a terna de personaxes
escollidos para ser rescatados. Antes, en novembro, iniciabámolo con José
Calviño Domínguez, elixindo para iso o seu Lores natal. Fora o político máis
importante habido en Meaño: gobernador civil de Pontevedra, Vizcaya e Sevilla,
Director Xeral de Beneficencia no Goberno de España e deputado en Cortes pola
ORGA, colléndoo golpe do 1936 nun cargo de goberno en Madrid, tendo que exiliarse
a Francia.
Logo, o pasado mes de maio, no mes das Letras, rescatabamos á
poeta Herminia Fariña. Fixémolo en Simes, que fora a súa parroquia meañesa de
adopción, e onde está soterrada. E agora toca co cego Padín e o seu “Xan Pirulé”.
Punto e final a unha terna de encontros coa queremos contribuir humildemente a
rescatar para a memoria colectiva a estos nosos valedores.
O cego de Padrenda en Cambados, visto polo pincel de Castelao |
mércores, 1 de maio de 2024