luns, 17 de agosto de 2020

CORRER POR MEAÑO.... ad libitum

"Correr por Meaño" é unha iniciativa que a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. pon en marcha para rememorar a que estaba chamada a ser a XXXVI Carreira Popular de Meaño, e que debía disputarse o vindeiro 13 de setembro. Como en tantos lugares, e tamén en Meaño, a pandemia do Covid-19 deu ao traste coa celebración das carreiras populares. Mesmo o concello, que asume a organización desta proba desde fai unha década (cando o G.A.M. entregou o relevo nas vodas de prata da Carreira Popular), víuse na obriga de ter que suspender a proba.

Pero desde a Asociación G.A.M. tiramos de imaxinación para que esta Popular de Meaño sega viva en ti. Así pois, todo aquel que senta o vínculo cunha tradición de anos, que se mantivo durante 35 edicións ininterrumpidas, e que teña a ilusión de voltar correr en Meaño, se o fai poida compartir a súa experiencia.

CORRER POR MEAÑO é unha iniciativa altruísta, aberta a tod@s, e cun sentido dobre. Por una banda, para que tod@ aquel/a que senta a chamada, poida percorrer o circuíto de sempre, de voltar a correr por Meaño. E, por outra, podendo ser unha ocasión para devolver un chisco do que tanto deu un pobo e a súa xente durante 35 anos para celebrar e acollervos nesta carreira… Agora é o momento de correr (ti) por Meaño. Agardamos que compartas a túa experiencia!

Como participar?
Non é un evento concreto, non ten data nin hora. O que facemos é recoller as vosas experiencias individuais. A partir de xa dispós ata o 16 de setembro, para correr ou andar o percorrido do que era (e seguirá sendo) circuíto da Carreira Popular. Cronometra o teu tempo (opcional), se o tes mándanos ese rexistro co teu nome (cun teléfono ou correo-e de contacto) e unha foto da túa experiencia de participación en CORRER POR MEAÑO (individual ou cos teus amigos). Remíteo ao correo-e asociaciongam@gmail.com. Nós publicaremos nas nosas redes sociais, e as vinculadas á asociación, a foto, nome e tempo empregado por ti (se mandas rexistro), para poder compartilo con tod@s.

Gracias á colaboración das firmas patrocinadoras históricamente desde Carreira, ALBARIÑO PACO e LOLA, QUINTA DE SAN AMARO e SÚPER/CAFÉ-LAGE, a asociación G.A.M. realizará entre todos os atletas e andantes que participedes enviando a vosa experiencia en CORRER POR MEAÑO un sorteo de:

- 2 lotes de albariño PACO e LOLA, con visita guiada á adega para dúas persoas
(maiores de idade)

- 2 bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas
(maiores de idade)

- 2 lotes infantiles SÚPER LAGE-MERCA MÁS para nen@s (e menores de idade)

IMPORTANTE: Para participar no sorteo debes aportar unha foto que refrexe un momento da túa participación nesta iniciativa, nome, idade (para saber se participas en lote de adultos ou infantil), tempo (opcional) e un contacto (telefónico ou por correo-e). Participar no sorteo implica a autorización para publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas redes sociais vinculadas a CORRER POR MEAÑO. Remite todo (nome, foto, idade, tempo empregado no circuíto -opcional- e contacto) á dirección de correo-e  asociaciongam@gmail.com

NOTA: Os agasallos sorteados entregaranse a fins se setembro (unha vez pasada a vendima). En boa lóxica, os premiados deberán acredtiar a súa identificación no momento de entrega.

A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte se dubidas no percorrido. 

CIRCUÍTO LONGO (6.330 m)


CIRCUÍTO MEDIANO (1.600 m)



CIRCUÍTO CURTO (1.070 m)










Ningún comentario: