luns, 14 de decembro de 2020

                     PREMIOS CON MOITO DEPORTE :

CORRER POR MEAÑO & TENIS DE MEAÑO

Agotado o prazo, entregáronse os premios de CORRER POR MEAÑO aos galardoados. Unha iniciativa da Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. que tirou de imaxinación para manter vivo o espíritu da Carreira Popular de Meaño no ano do covid.  A vivencia foi posible gracias á colaboración das firmas Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Atlántico-Lage. Delas, o peche de hostalería pola situación covid, aprazou a disfrute de bono-tapas na Quinta de San Amaro para Lupe Vilar e Estefanía Silva (e respectivos acompañantes). A establecemento xa contactou coAs galardoadas para comunicarlles que poderán disfrutar desde convite un chisco máis adiante, cando recuperemos certa normalidade. Aquí vos deixamos as fotos de entrega de galardóns e o noso consello para este nadal: merca o teu agasallo navideño no comercio local. Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Lage son tres emblemas que nos enorgullecen en ser escaparate e embaixadores de Meaño. (NOTA: Publicarase máis adiante as fotos dos premios da Quinta de San Amaro).



Cristina Castro e Alfonso García "Achas" recollen o premio e Paco&Lola



Visita e degustación en adega
dun Paco&Lola



Olivia Rodríguez Moreda recolle
o lote infantil no
Supermercado Atlántico-Lage


Cecilia Abal Mosteiro
recolle o seu lote infantil
 en Supermercado
Atlántico-Lage

E tamén no marco de agasallos o CTM GAM sorteou un fin de semana nun balneario, galardón co que a Asociación G.A.M. se fixera gañando o concurso do programa Bamboleo da TVG. E para obter uns ingresos para a sección do Clube de Tenis de Mesa procedeuse ao sorteo, entega da que acompañamos foto. Se estás interesado en achegarte e probar este deporte, non dubides en pasarte polo pavillón de As Covas-Meaño, os lunes e mércores entre 19 e 21 horas. Sexas de onde sexas. Alí informarante. Sen compromisos. Un deporte con un equipo de xente que te vai enganchar! Próbao!


María Estévez recolle o premio na libraría-café "O Principiño" en Meaño

mércores, 25 de novembro de 2020

NOTA ACLARATORIA


Este pasado sábado 21 de novembro veu de celebrarse unha concentración na Praza da Feira, organizada polo grupo de goberno do Concello de Meaño, para protestar pola recente perda do pediatra no centro de atención primaria de Dena.

Ante todo, manifestar e recalcar a solidariedade desta asociación coa sociedade meañesa pola perda do pediatra e amosamos o noso apoio á esixencia de que este posto sexa restituido o antes posible.

Agora ben. 

A Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. (e concretamente o seu presidente) rexeitou a última hora do venres 20 de novembro participar na citada concentración (que según se nos informou estaba limitada a 20 personas), xa que se nos indicou que na mesma se ía ler un manifesto e, despois de solicitar copia do mesmo, non se nos facilitou. Como non pode ser doutro xeito, e por moito que estemos de acordo co fondo do asunto, non podemos adherirnos a un texto que descoñecemos. Coñecemento que entendemos esencial en pro da transparencia, para pronuciarnos como colectivo sobre o parecer, e a fin de evitar a utilización política dunha asociación cultural e deportiva como é a nosa.

Por outra banda, tivemos coñecemento de que non todas as asociacións foron chamadas (e o límite de aforo non é excusa para elo), o que xa de por si cuestiona a suposta neutralidade e sinceridade do acto e o invalida, dende logo se o pretendido era amosar a unión e apoio do tecido asociacional deste concello.

Desde aquí a nosa solidariedade con aqueles colectivos que non foron chamados e que, cónstanos, están tanto ou máis interesados en que se restitúa o pediatra.

Esperamos e desexamos que en futuras ocasións, e dunha vez por todas, o Concello conte con "todas" as asociacións, con sinceridade, con humildade e sen segundas intencións. 


Posición ésta que facemos pública a través deste medio.

sábado, 19 de setembro de 2020

(III) CORRENDO (xa) POR MEAÑO... edición Ad Libitum

Finalizado o prazo para enviarnos as vosas fotos (o pasado 16 de setembro), actualizamos cos derradeiros valentes participantes nesta iniciativa, inusual edición da Carreira Popular de Meaño.

Agradecémosvos a todos e cada un dos que nos enviáchedes fotos, e tamén ós que corréchedes sen enviala, que coa vosa participación axudarades a manter viva a Carreira de Meaño.

A Covid-19 non é senón unha escusa para deixar de facer, deixar de imaxinar, deixar de vivir; e nós, como Asociación, como sociedade, non o podemos permitir. Somos moito máis fortes que esta enfermidade e moito máis que as institucións que deberían velar por todos e que, escondéndose detrás desta enfermidade, fan unha flagrante deixación do seu deber, desde o Governo central, pasando pola Xunta e terminando nos Concellos.

O dito. Máis de 50 valentes que participáchedes e ós que estamos agradecidos.

Viva a imaxinación!!

Lupe, Rosa e Nesti

Alberto

José Luis

Ramón

Beni, Joel, Carmen e Sandra

Trini e Roque

Elva

Nuria

Claudia, Olivia, Daniela, Raúl e Martina

Pilar e Juan

Xoixe

Ángel

Enrique e Basilio

Richi, Belén e Ceci

Lucas

Juan Manuel

Diego



martes, 8 de setembro de 2020

(II) CORRENDO (xa) POR MEAÑO... edición Ad Libitum

 Actualizamos listado de participantes nesta iniciativa, que a pesares das dificultades, quere rememorar ou, máis ben, manter unha tradición que se ven repitindo cada segundo domingo de setembro dende hai máis de trinta anos. As primeiras carreiras da temporada teñen algo especial, un reencontro outonal coa actividade atlética que moitos afeccionados esperan con ganas. 

Queremos facer mención especial ó Clube Atletismo Cambados, que este domingo xuntou a unha morea de socios para facer o circuíto. Moitas gracias por participar, e sobre todo por ser coidadosos coas medidas de distanciamento. Sodes un expemplo.

Clube Atletismo Cambados
Clube Atletismo Cambados na Praza da Feira

Clube Atletismo Cambados
Clube Atletismo Cambados na saída

Gracias. Gracias a tod@s @s que mantedes vivo o espírito desta  Carreira.

Con xente coma vós nunca morrerá!!!


Laura Ortigueira Hermida

Claudio Vera Sanmartín

Damián Andrade Padín

Daniel García Cerviño

Jesús Pérez García

José Antonio González Martínez

Maxi Oubiña Falcón

Pepe Martínez

Sandra Martínez Besada




domingo, 30 de agosto de 2020

(I) CORRENDO (xa) POR MEAÑO... edición Ad Libitum



Primeiros atrevidos estos días a experimentar "Correr por Meaño", iniciativa que esta asociación ven de poñer en marcha hai pouco máis dunha semana. Recordade que o obxectivo é rememorar unha carreira que este ano, polo que todos sabemos, non pode ser: a XXXVI Carreira Popular de Meaño, que estaba fixada para o 13 de setembro, segundo domingo do mes, que sempre coincide coa festa dos Miragres, patrona do concello.

Animamos desde aquí aos meañeses e outra de fóra, asiduos a esta carreira, a disfrutar un chisco de Meaño, das suas xentes e paisaxes, no corazón da Rías Baixas. E ollo! Este ano a vendima ven adiantada. Non deixes de pasar a oportunidade de correr (ou camiñar) por Meaño. Calquera día, antes de darte un chapuzón na praia da Lanzada, pode ser un día ideal... Ou do contario polas noitiñas, ou mesmo de mañán, para todas aquelas que estades a saír a camiñar a ritmo facer deporte dun xeito saudable. Lembra: Dispós de prazo ata ata o 16 de setembro para participar nesta experiencia. Ou fai plan para os dous fins de semana que aínda quedarán en setembro. Pero coidadiño... Que non te pille a vendima!

Marcos, Aarón e Temi (na Costa dos Fornos)

Mónica, Marcos e Marcos (na Costa dos Fornos)

Tino (en San Amaro)

Andrés e Alfonso "Achas" (na Praza da Feira)

Veña, anímate! Os da casa xa fixómolo traballo. Agora tócache a ti. Rememora tempos pasados facendo o circuíto da carreira. Ponte un reto e trata de acadalo. Entre todos non imos deixar que este virus nos venza. Hai que seguir.... separadadiños uns de outros, pero hai que seguir.
Esperamos as túas fotos!!!