Finalizado o prazo para enviarnos as vosas fotos (o pasado 16 de setembro), actualizamos cos derradeiros valentes participantes nesta iniciativa, inusual edición da Carreira Popular de Meaño.
Agradecémosvos a todos e cada un dos que nos enviáchedes fotos, e tamén ós que corréchedes sen enviala, que coa vosa participación axudarades a manter viva a Carreira de Meaño.
A Covid-19 non é senón unha escusa para deixar de facer, deixar de imaxinar, deixar de vivir; e nós, como Asociación, como sociedade, non o podemos permitir. Somos moito máis fortes que esta enfermidade e moito máis que as institucións que deberían velar por todos e que, escondéndose detrás desta enfermidade, fan unha flagrante deixación do seu deber, desde o Governo central, pasando pola Xunta e terminando nos Concellos.
O dito. Máis de 50 valentes que participáchedes e ós que estamos agradecidos.
Viva a imaxinación!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario