mércores, 1 de maio de 2024

 

A ROSALÍA ESQUECIDA



Dentro de nova tempada de A COVA DO TRASNO que se propón recuperar grandes personaxes pero esquecidos en Meaño, a Asociación GAM prepara unha nova entrega. Se en novembro facíamolo rescatando ao político da II República José Domínguez, na que fora súa parroquia de Lores, nesta viaxamos a Simes para rescatar a figura de Herminia Fariña. E facémolo, como non, no mes da Letras, ás portas do Día das Letras Galegas.


Por que Herminia Fariña foi esquecida? Por que non é aínda hoxe valorada? Cabe rescatar a súa memoria? A esta e outras preguntas trataremos de dar resposta en
A COVA DO TRASNO, con expertos na que chamamos A ROSALÍA ESQUECIDA. 


Pero tamén queremos contar contigo, máis aínda se eres maior, e lémbraste de tratar a esta muller. A túa testimuña pode dar luz para coñecela un chisco máis.

Será en Simes, o venres 10 de maio ás 21,45 horas, con entrada libre ata completar aforo. Se che semella de interese, non faltes. Ah! E como sempre contaremos con música en directo. Coa colaboración ALBARIÑO DO FERREIRO.

Tempo do foro de debate-coloquio: 55’.