Amosando publicacións coa etiqueta Sendeirismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sendeirismo. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de agosto de 2019

3º ROTEIRO DE VERÁN: PETROGLIFOS DA SOBREIRA

Este vindeiro sábado 31 de agosto terá lugar o terceiro e derradeiro roteiro da temporada de verán. Nesta ocasión cun novo horario: en vez de almorzo, o que vos propoñemos é unha merenda.

O punto de destino serán os petroglifos da Sobreira, na parroquia de Xil. Un pequeno tesouro, pouco coñecido e agochado, ó que trataremos de achegarnos un pouco máis.

O punto de saída será desde o parque do Barreiro, en Xil, ás 20:00 h. É importante non saír tarde debido a que non se pode demorar a chegada ós petroglifos por mor da luz. Se o día acompaña, poderemos disfrutar dunha espectacular posta de sol.

Recordade que para participar só tedes que anotarvos na nósa dirección de correo electrónico ou no facebook do CTM GAM ou de Polo Ventanuco.

Recordade tamén que é unha actividade aberta a todo o que queira participar, con independencia das súas ideas, a súa cor, as súas creenzas.... o que non ven é porque non quere. Así que agradecemos que despois non critique por quen sí quere disfrutar da nósa compaña.

Esperámosvos!!!


Deixamos unhas cantas imaxes do segundo roteiro, que tivo lugar o domingo 18 de agosto con destino ó Con da Cabalaria, en Lores. Unha xornada perfecta cun final espectacular!!!










venres, 16 de agosto de 2019

Roteiros de Sedeirismo en Agosto

Como parte da revitalización e reanudación da actividade do GAM, tenis de mesa aparte, este mes de agosto ponse en marcha un ciclo de roteiros por Meaño, que denominamos VEN A ALMORZAR COMIGO NO....

Cartel do1º roteiro
E con este lema, convidámosvos a visitar tres lugares salientables do noso Concello, no que pararemos para rempoñer forzas.... porque non todo vai ser andar!

O primeiro roteiro tivo lugar o pasado domingo 11, sendo o destino o Banco do Amor, situado no punto de máis altitude do Concello de Meaño.

A primeira experiencia foi todo un éxito, reunindo a un total de 23 participantes que deron boa conta dun almorzo cunha espectaculares vistas no Banco do Amor.

Así que este vindeiro domingo  18 de agosto terá lugar o segundo roteiro, que terá como destino o mítico Con da Cabalaria, no monte de Lores. Donde unha vez respostas as forzas, de seguro que será máis doado mover o pedrusquiño.

Se queredes participar só tedes que anotarvos no correo asociaciongam.@gmail.com, no facebook do CTM GAM ou no facebook de Polo Ventanuco.

A saída da segunda edición será desde a Capela de San Bieito de Lores, de donde partiremos ás 10:30. A duración estimada é de dúas horas (só é unha estimación) e a dificultade media. Animádevos!!!

Cartel do 2º roteiro (vindeiro domingo)


xoves, 18 de xullo de 2013

V Marcha de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño (1ª parte)

O pasado 25  de maio tivo lugar a V Marcha de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño, que, tra-lo "descanso" do ano pasado, retomou a súa singladura. De seguido podedes ver un mapa co percorrido de máis de 36 quilómetros que fixemos.

Mapa da V Ruta de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño, realizada o pasado sábado 25 de maio de 2013.

Ver Ruta Sendeirismo Meaño-Castrove en un mapa más grande


Este ano xuntámonos para a ocasión nove valentes que partimos de Meaño cara a aventura, para disfrutar dun singular día, que por esas cousas dun inverno tan longo e unha primavera tan curta (ou inexistente), regalounos o magnífico espectáculo das xestas coa flor no máximo esplendor. O amarelo foi, sen dúbida, a cor do día, e non deixou de acompañarnos ata o remate da singladura.

Ademais do amarelo brilante das xestas, houbo moito amarelo dourado de toxos e rosa dos carrascos. Todo un deleite para vista e o obxectivo da cámara.

Xestas, carrascos, toxos.... e para rematar unha cervexiña fría, fría.

É de salientar que desde este ano, a marcha ten xa o carácter de internacional, xa que tivemos a compaña de Magie, unha cidadana sueca que veu disfrutar da naturaleza galega.

Xa na Armenteira, e coincidindo coa tradicional pausa para tomar un café, uníronsenos os dous espedicionarios restantes, que nos acompañarían na parte central do percorrido. 

Tra-la fermosa, aínda que agotadora xornada, Manuel e Maribel, tiveron a ben agasallarnos cunhas cervexiñas ben, ben frías, que desde logo axudaron a mitigar o cansancio da xornada, pero sobre todo a sede. Que boas estaban!



Os nove expedicionarios que iniciaron a ruta en Meaño (os outros dous restantes uniríansenos na Armenteira)

No mirador da Queimada.

No vértice xeodésico de Fontefría, punto máis alto do Concello de Meaño (397 m sobre o nivel do mar)

O espectacular día e as xestas propiciaron unhas magníficas vistas da Ría de Arousa desde o punto máis alto de Meaño

Subida hacia o Monte Castrove, moi preto da Armenteira.

No vértice xeodésico do Monte Castrove, punto máis alto de todo o percorrido (616 m sobre o nivel do mar)

Xa na baixada, en pleno Rego de San Martiño

Xa na parte final, o cansancio fai mella en tódolos espedicionarios. 36 quilómtros non che son moco de pavo!

xoves, 9 de maio de 2013

V Marcha de sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño (2º intento)

Un ano máis chega o tempo de acometer a marcha de sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño. Este ano debería de se-la sexta edición, pero a climatoloxía fixo que o ano pasado finalmente se cancelara a marcha, co que este ano será o segundo intento de face-la quinta edición.

A fin de semana elixida é a derradeira do mes maio, concretamente o sábado 25. A saída será en torno ás 9:15, diante da Casa do Concello de Meaño. E coma sempre agradeceriamos nos comuniquedes asistencia para ter preparados uns mapas que se vos darán na saída.

Así que xa sabedes, ide reservando a data.... e a ver se o tempo nos respeta dunha vez!

venres, 1 de febreiro de 2013

Ano novo.... camiñatas novas

Segunda marcha, xullo de 2009
Lamentablemente, e despois de varios intententos, non se celebrou a V Subida ó Castrove. Así pois, neste novo ano que acaba de empezar debemos tomar cumprida vinganza e cobra-la débeda pendente (por certo que o tempo parece que terquea no seu empeño de non axudar a tal menester), co dobre de ganas.

Pero antes delo, empezaremos a nova temporada de roteiros de sendeirismo, para ir preparándonos e, de paso, coñecer novos recunchos dos nosos pobos.

En canto os Deuses da meteoroloxía se calmen e nos permitan sair sen a necesidade de dispor dunha gamela, chalupa ou similar, informarémosvos cumpridamente para quedar e disfrutar, un ano máis, desta gratificante actividade.

venres, 7 de setembro de 2012

Marcha de sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño 2012

Primeira marcha, xuño de 2008

No ano 2012 (supostamente último do mundo) acada a súa 5ª edición a Marcha de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño. Nembargante, a climatoloxía esta vez xogounos una mala pasada, estragando todos e cada un dos fins de semana previstos para o evento, e obrigando ó seu sucesivo aprazamento, ata que o excesivo internamento no verán, trouxo outros inconvintes para a súa consecución.

Pero esto non supón en absoluto unha anulación defintiva do evento, senón un aprazamento ata mellor data. Así pois, a intención é a de facer outro intento tra-la vendima, aló por outubro. Nesas datas os días aínda son o suficientemente longos, e o tempo aínda non é invernal (se non cadra, claro está).

Así pois, estade atentos ó novo chamamento que vos faremos en vindeiras datas para realizar, unha vez máis, esta marabillosa experiencia.