Cartel do1º roteiro |
O primeiro roteiro tivo lugar o pasado domingo 11, sendo o destino o Banco do Amor, situado no punto de máis altitude do Concello de Meaño.
A primeira experiencia foi todo un éxito, reunindo a un total de 23 participantes que deron boa conta dun almorzo cunha espectaculares vistas no Banco do Amor.
Así que este vindeiro domingo 18 de agosto terá lugar o segundo roteiro, que terá como destino o mítico Con da Cabalaria, no monte de Lores. Donde unha vez respostas as forzas, de seguro que será máis doado mover o pedrusquiño.
Se queredes participar só tedes que anotarvos no correo asociaciongam.@gmail.com, no facebook do CTM GAM ou no facebook de Polo Ventanuco.
A saída da segunda edición será desde a Capela de San Bieito de Lores, de donde partiremos ás 10:30. A duración estimada é de dúas horas (só é unha estimación) e a dificultade media. Animádevos!!!
Cartel do 2º roteiro (vindeiro domingo) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario