domingo, 23 de novembro de 2025

 A Cova do Trasno: 

HISTORIA VIVA 

 

Cando os días se fan curtos e a noite cae pronto, cando o frío e a choiva calan os ósos, é o intre axeitado para abrir esta “Cova do Trasno” e refuxiarse nela ao calor dunha boa conversa e algo de música  ben adobado cun cafeciño quente. Así o concibe a Asociación Cultural e Deportiva GAM, que reabre neste mes de santos o seu foro de debate e coloquio: será o vindeiro venres, 28 de novembro , ás 20,45 horas no Pazo de Lis, coa primeira entrega do curso.

 

Baixo o título “Historia viva: Memoria da primeira corporación democrática meañesa (1979-839)" intervirán tres concelleiros vivos daquela corporación, presidida entonces por Germán Rodiño (primeiro alcalde democrático en plena transición). Os tres para conversar serán Manuel Padín Pérez (CD), Laureano García Ruibal (PSOE) e Manuel Crespo Domínguez (UCD). Para a ocasión un coloquio de 50 minutos con música de acordeón en directo de mans de Pablo Dovalo, que tamén fixo naqueles anos os seus piniños na política municipal.

 

Como resultou aquela primeira experiencia de organización democrática cando ninguén deles viviran antes tan cousa? Como se fraguaron aquelas primeiras listas? Como eran aqueles novedosos plenos en democracia? Quen representaba o que? Que anécdotas daqueles anos merecen ser contadas? Todo isto e máis nun foro sen medias tintas, onde coa Asociación GAM  nos temos mollado co radón, cos fitosanitarios do viñedo, coa represión franquista, co esquecemento dos nosos, cos alcaldables nas eleccións de 2023… Pero tamén, coa poesía, coa literatura infantil, co voluntariado meañés nas ONGs, co modelo educativo… Porque, ante todo, somos un espazo de libertade, un espazo plural, que fai saír sarpulido aos do pensamento único, plano, onde a ignorancia é obxectivo para domiñar á plebe. Uns encontros que sempre nos fai mellores persoas ao acabar. Sen máis pretensións que vivir e te sintas ben. Refúxiate por un intre nesta cova, ao calor dos veciños inquedos de pro.

 


domingo, 29 de decembro de 2024

 ALTURA DE MIRAS

Ver la singularidad con ojos nuevos y altura de miras es lo que ha descubierto el público que llenó la coqueta sala del Pazo de Lis meañés. Lo hizo en la noche del viernes (por día 27) tras participar en “¿Qué miras?”, el segundo encuentro de la terna del ciclo cultural de invierno de “A Cova do Trasno”, que organiza esta Asociación Cultural y Deportiva G.A.M. Y para ello el protagonismo fue para Susi Maquieira la mujer que, con tan sólo sus 110 centímetros de altura captó la atención para despertar la sensibilidad ante la singularidad de las personas con limitaciones.

Susi Maqueira y Fernando Salgado, departiendo con el público

Ella y el escritor de su libro, Fernando Salgado, departieron con el público ofreciendo momentos para el humor, la ternura, emoción y, como es norma, la música en directo. Para la ocasión Susi Maquiera se desplazaba desde Vigo para compartir con el público su experiencia vital y su lucha contra las limitaciones. “En el colegio de mi Cuntis natal -relataba- los compañeros me querían tal y como era… si acaso me molestaba cuando todos querían cogerme en brazos y yo, para evitarlo, con mi estatura solía meterme bajo la mesa”. “Cuando me instalé en Vigo -añadía- fue más duro, iba por Príncipe y la gente se daba codazos unos a otros para fijarse en mí por la estatura, y hasta se reían”.
Tuvo que sobreponerse a su singularidad, una anorexia y la muerte de sus padres. “En mis años -contaba emocionada- me refugiaba escuchando el Chiquitita de Abba porque me identificaba con la letra, y una noche hice clic para encararme con la vida y no fallarle a mis padres recién fallecidos, que me habían permitido, primero nacer y vivir, renunciando a la opción de abortar, cuando por una ecografía supieron que yo iba a padecer acondroplasia, y luego por haberse desvivido en mi educación”. Desde hace años, encaja su singularidad con arrestos, tanto que el libro le ha convertido en una heroína para aquellas personas con limitaciones físicas y mentales que la han conocido.

Un momento del coloquio en "A Cova do Trasno"

Para enmarcar el coloquio, la asociación G.A.M. contó con otra singularidad, en la persona del joven acordeonista meañés Sergio Pontes “Piri-Pirata”, músico callejero autodidacta, al que la música le sirve enfrentar también su limitación, la cual viene marcada por su dificultad en la relación con los demás. Con su trikitrixa abrió con un tema de Kepa Junkera. En el ecuador, se soltó con acordeón y voz “O sacristán de Coimbra”, y para cerrar interpretó su “Licor café”, tema éste que él definía como, “una canción une dos continentes: el café de América con el aguardiente de Galicia”. Eso sí, no faltó aguinaldo navideño a los invitados que fueron agasajados sendas botellas de Rías Baixas del Albariño “Lagar O Parral” de Lores, sello que apadrinaba el encuentro. (En la foto: Susi Maquieira y Piri-Pirata)
Si el primer encuentro de esta terna se centraba en los niños, para ayudarles en superar sus complejos, y este en la singularidad, el tercero en proyecto -por ser tal- tendrá como epicentro precisamente la tercera edad. Una terna encuentros para sensibilizar en pro de una sociedad más receptiva y empática con las minorías. Porque 
NOTA: si el lector quiere conseguir el libro "¿Que miras?" puede hacerlo contactando con el grupo Librerías Nobel

Colaborou coa singularidade desde Lores Albariño "Lagar O Parral"






sábado, 21 de decembro de 2024

 A Cova do Trasno: “QUE MIRAS?”


Hai cousas que non se ven a simple vista cos ollos, senón que se ven só co corazón. Nadal é un dos momentos para entrenalo. Con tal motivo, a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. bríndanos un segundo encontro do seu “A Cova do Trasno”, no que compartir nesta ocasión, con outra mirada, unha historia tenra, desas que van directas ao corazón. Será este vindeiro venres, 27 de decembro ás 20,30 horas no Pazo de Lis, coa colaboración de adegas Lagar O Parral (Lores), nun encontro para departir co xornalista e escritor Fernando Salgado, e con Susi Maquieira, a entrañable protagonista de “Que miras?”, unha dóce historia para mirar dentro de cada un de nós.

Evento meramente cultural co formato de coloquio ameno e directo, duración de 50 minutos, e aderezado con música en vivo. Se o anterior encontro estaba dirixido aos cativos, este está concebido, dun xeito especial, pensando en ti, porque ti te paras un intre, porque compartes, porque sabes que as cousas son máis fermosas cando as ves cos ollos do corazón. Compartir emocións, multiplica a felicidade e amortigua a aflición dos desencantos.
Ademáis, pode ser unha boa ocasión para levarte no peto -se che apetece-, adicada, unha boa historia, desas de verdade, para agasallar neste Nadal a quen ti máis queres. Despois de ler veralo con esos outros ollos. Porque ler conta, ou non?


xoves, 28 de novembro de 2024

 A Cova do Trasno Infantil con…

“CARACOL CARA DE COL”

A Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. volta con “A Cova do Trasno” neste curso 2024-25, un espazo cultural, foro de debate e coloquio onde compartir opinións e inquedanzas no Meaño que nos toca vivir. Se o curso pasado, o fío condutor era recuperar para a historia a memoria de tres persoeiros meañeses esquecidos (o político José Calviño, a poetisa Herminia Fariña e o último  xograr Eugenio Padín “Cego de Padrenda”), neste curso, o centro vai a preocupación polas diferentes xeracións actuais. 

E facémolo empezando precisamente pola xeración dos cativos, presentando de entrada unha “Cova do Trasno” infantil: o nunca ha visto ata o de agora nesta Cova. Será nun formato diferente, dirixido especialmente para disfrute dos nenos, e a cita é este vindeiro venres 29 de novembro ás 20,30 horas. Ademáis farémolo nun marco diferente, elexido para ocasión: a biblioteca escolar do CEIP de As Covas. Nela, a escritora cuntense Baia Fernández presentará e ensinará ás familias e aos cativos a disfrutar do mundo do conto infantil, a través de su conto “CARACOL CARA DE COL”, que pode resultar un boa opción como agasallo de Nadal. Pero, o mellor será escoitalo e disfrutalo en directo, nun acto de apenas 40 minutiños e que, engadido, e como marca desta Cova do Trasno, tamén contará coa súa dose música en vivo para esta posta en escena, que será  música de mamá. Foto: Baia Fernández

Se eres pai, nai, avóa ou avoa, o mesmo tes críos pola casa, esta vai ser unha ocasión única para achegarte cos cativos á Biblioteca do CEIP As Covas onde, por un momento máxico nese cachiño de noitiña nada vai o que semella. Queres descubrilo? Non faltes.



venres, 30 de agosto de 2024

Cantando e recitando a... HERMINIA FARIÑA

Tocando o fin de verán, e antes de afrontar a vendima, chegamos no día Virxe da Lanzada, para compartir desde aquí o vídeo “Relembros do Hirmán Emigrante”, extraído do foro “A Cova do Trasno… canta a Herminia Fariña”. Na voz de Baia Fernández, os versos de poetisa meañesa esquecida, e na Rafael Dovalo o poema de Herminia Fariña, musicado por este músico e compositor meañés fai máis de dúas décadas. Un cantar que nunca escoitaches e, sobre todo, nunca viches. Aos seus 82 anos, Rafael soltouse como antaño con “Los Diamantes”, “Los Chicos de España”, Los Salneses” ou “Solera” entre outros, para con guitarra interpretar a canción. (Na foto: Baia Fernández e Rafael Dovalo)


“Relembros do Hirmán Emigrante” fora un poema escrito por Herminia Fariña e publicado nos anos 40 do século pasado na revista pontevedresa “Sonata Gallega”. En plena posguerra e metidos nos “tempos de fame” no que o ditadura sumirá ao país, Herminia Fariña fai un canto egrexio ao emigrante galego anónimo que, allende do océano, sinte morriña da súa aldea galega.
O vídeo gravábase o pasado 9 de agosto con motivo deste encontró organizado pola Asociación Cultural e Deportiva G.A.M no Pazo de Lis-Museo da Muller Labrega Herminia Fariña. Desde aquí no noso agradecemento sentido a Baia Fernández e Rafael Dovalo por facer posible este documento. E, engadido a tamén meañés Pablo Dovalo Falcón, que asumiu de xeito altruista a gravación, edición montaxe de vídeo. Orgullosos desde Asociación G.A.M. de cegar a ti con gusto. Desde aquí toca o maís doado, compartilo par achegar a ti. Un humilde legado. Sen pretensións.


 
Deixamos tamén aquí un enlace da páxina de Rafael Dovalo por se queres curiosear ou escoitar algúns dos moitísimo temas compostos: https://www.dovalorafa.com/


Un intre da gravación en público


sábado, 3 de agosto de 2024

 A Cova do Trasno

Canta a HERMINIA FARIÑA

Entrega extra de verán do foro “A COVA DO TRASNO”, que organiza a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. Será o vindeiro venres, 9 de agosto, ás 21,45 horas, no Pazo de Lis en Meaño, ás 21,45 horas, e cun evento arredor da poeta meañesa Herminia Fariña Cobián.


Nesta ocasión, un acto músico-poético, acompañado dun pequeno coloquio co público. Servirá para escoitar en directo ao músico e compositor meañés Rafa Dovalo, con guitarrra e voz, sen artificios, cantando dous poemas de Herminia Fariña, no seu día musicados por el, pero nunca foron interpretados en directo diante do público. Por esta razón será unha ocasión única e irrepetible, nun xesto emotivo tamén co propio Rafa Dovalo (outrora organista en orquestras como “Los Salneses” e “Solera”), aproveitando a súa estadía estival estos días en Meaño, antes do seu regreso a Finlandia, onte está radicado. A para enmarcalo, contaremos tamén a escritora e comunicadora cuntense Baia Fernández, que repteria presencia no noso municipio para poñer voz en vivo aos versos de Herminia Fariña.


Cunha duración estimada de tan só 35 minutos que, a bo seguro, deixará gañas de máis, e que pretende ser un xesto para coa memoria colectiva do Meaño que somos.


sábado, 15 de xuño de 2024

 Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. 

“A COVA DO TRASNO” RESCATA AO CEGO DE PADRENDA CO SEU “XAN PIRULÉ”


Volta A COVA DO TRASNO, un foro-coloquio de ámbito cultural que completará a terna de tres encontros por curso, que así o concibe a asociación G.A.M. Nesta ocasión viaxaremos á parroquia de Padrenda para poñer en valor alí a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”. Será o vindeiro sábado día 22 na Casa de Cultural de Padrenda ás 22 horas, e con entrada libre. Contempla unha charla-coloquio sobre este personaxe, para descubrilo ás novas xeracións, ou para contar cos maiores de Padrenda para que aporten as lembrazas legadas polo antergos sobre o cego Padín.

Charla, coloquio e, como e norma neste foro por parte de organización, música en directo de mans do acordeonista Pablo Dovalo e da soprano meañesa Rosana Domínguez, que é natural e veciña de Padrenda.
 

O “hit” e as razóns
Rosana Domínguez e Pablo Dovalo interpretarán en directo “O Xan Pirulé”, que fora o hit musical do cego Padín alí onde ía, acompañados polo acordeón que era o instrumento de cabeceira do cego. Pero non só poderá escoitalo, senón que o público, guiados por estos intérpretes, terán despois a ocasión de poder aprender a cantar “O Xan Pirulé”, y interpretalo xuntos ao remate na honra do “Cego de Padrenda”. Unha experiencia única e irrepetible, da que nunca poideches disfrutar. Un canto do que os maiores de Meaño e bisbarra oiron falar, que que nunca souberon cantar. Esteas onde esteas, léanos de ondo nos leas, a túa ocasión está en Padrenda o vindeiro sábado. No o perdas. E máis, para rematar, e no peto unha última sorpresa do que as xentes de Padrenda van disfutar.

O que move a esta “Cova do Trasno” da asociación G.A.M. é precisamente contribuir a divulgar a nosa cultura de aldea. Facelo con honra, sen complexos, nen tapuxos nen medos. Facémolo coa única de pretensión de que a nosa historia permañeza por enriba do material. Sentimento puro. Non máis.


Os personaxes esquecidos

Con este terceiro encontro péchase a terna de personaxes escollidos para ser rescatados. Antes, en novembro, iniciabámolo con José Calviño Domínguez, elixindo para iso o seu Lores natal. Fora o político máis importante habido en Meaño: gobernador civil de Pontevedra, Vizcaya e Sevilla, Director Xeral de Beneficencia no Goberno de España e deputado en Cortes pola ORGA, colléndoo golpe do 1936 nun cargo de goberno en Madrid, tendo que exiliarse a Francia.

Logo, o pasado mes de maio, no mes das Letras, rescatabamos á poeta Herminia Fariña. Fixémolo en Simes, que fora a súa parroquia meañesa de adopción, e onde está soterrada. E agora toca co cego Padín e o seu “Xan Pirulé”. Punto e final a unha terna de encontros coa queremos contribuir humildemente a rescatar para a memoria colectiva a estos nosos valedores.


O cego de Padrenda en Cambados, visto polo pincel de Castelao


 



mércores, 1 de maio de 2024

 

A ROSALÍA ESQUECIDA



Dentro de nova tempada de A COVA DO TRASNO que se propón recuperar grandes personaxes pero esquecidos en Meaño, a Asociación GAM prepara unha nova entrega. Se en novembro facíamolo rescatando ao político da II República José Domínguez, na que fora súa parroquia de Lores, nesta viaxamos a Simes para rescatar a figura de Herminia Fariña. E facémolo, como non, no mes da Letras, ás portas do Día das Letras Galegas.


Por que Herminia Fariña foi esquecida? Por que non é aínda hoxe valorada? Cabe rescatar a súa memoria? A esta e outras preguntas trataremos de dar resposta en
A COVA DO TRASNO, con expertos na que chamamos A ROSALÍA ESQUECIDA. 


Pero tamén queremos contar contigo, máis aínda se eres maior, e lémbraste de tratar a esta muller. A túa testimuña pode dar luz para coñecela un chisco máis.

Será en Simes, o venres 10 de maio ás 21,45 horas, con entrada libre ata completar aforo. Se che semella de interese, non faltes. Ah! E como sempre contaremos con música en directo. Coa colaboración ALBARIÑO DO FERREIRO.

Tempo do foro de debate-coloquio: 55’.

venres, 27 de agosto de 2021

CORRER POR MEAÑO (2ª edición)

Por segundo ano consecutivo, Meaño non terá Carreira Popular. A falta de decisión desde o concello, desde a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. tiramos de ilusión e de imaxinación, para soprarlle un chisco co obxecto reavivar a chama e mantela aí en espera dun regreso. Facémolo retomando o “CORRER POR MEAÑO”, que xa puxemos en órbita o pasado ano. Porque o noso nunca foi o de quedarnos quietos. Ti anímaste? 

XXXV Carreira Popular de Meaño-2019

CORRER POR MEAÑO volta a ser unha iniciativa altruísta, aberta a tod@s, e cun sentido dobre. Por una banda, para que tod@ aquel/a que senta a chamada poida correr no circuíto de sempre, de voltar a correr por Meaño. E, por outra, podendo ser unha ocasión para aportar un chisco de correr ti por Meaño, nun ano no que as carreiras empezan a voltar aos calendarios.

Carreira Popular 2009, pelotón de saída das categorías de rapaces


Como participar? Non é un evento concreto, non ten data nen hora. O que facemos é recoller as vosas experiencias individuais. A partir de xa, dispós ata o 18 de setembro, para correr ou andar o percorrido do que era (e seguirá sendo) circuíto da Carreira Popular. Cronometra o teu tempo (opcional), se o tes mándanos ese rexistro co teu nome (máis un teléfono ou correo-e de contacto) e unha foto da túa experiencia de participación no II CORRER POR MEAÑO (individual ou con amig@s). Remíteo ao correo-e asociaciongam@gmail.com. Nós publicaremos nas nosas redes sociais, e as vinculadas á asociación, a foto, nome e tempo empregado por ti (se mandas rexistro), para poder compartilo con tod@s.


Gracias á colaboración das firmas patrocinadoras históricamente desde Carreira, ALBARIÑO PACO e LOLA, QUINTA DE SAN AMARO e CAFÉ-BAR LAGE, a asociación G.A.M. realizará, entre todos os atletas e andantes que participedes enviando a vosa experiencia en CORRER POR MEAÑO, un sorteo de:

ADULTOS: 2 sorteos de sendos lotes de albariño PACO&LOLA,
con visita guiada á adega para dúas persoas 

ADULTOS: 2 sorteos de sendos bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO
(con viño e tres tapas) para dúas persoas

INFANTIL: 2 sorteos de sendos vales de hamburguesa + refresco para dúas persoas
en CAFETERÍA-BAR LAGE (nen@ e acompañante)


IMPORTANTE: Para participar no sorteo debes aportar unha foto que reflexe un momento da túa participación nesta iniciativa, nome, idade (para saber se participas en lote de adultos ou infantil), tempo (opcional) e un contacto (telefónico ou por correo-e). Participar no sorteo implica a autorización para publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas redes sociais vinculadas a CORRER POR MEAÑO. Remite todo (nome, foto, idade, tempo empregado no circuíto -opcional- e contacto) á dirección de correo-e  asociaciongam@gmail.com

NOTA: Os agasallos sorteados entregaranse a inicios de outubro (unha vez pasada a vendima). En boa lóxica, os premiados deberán acreditar a súa identidade no momento de facer uso, e os bonos que se entreguen serán personais e instransferibles.

Cal é o teu circuíto?
CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros, para os nados en 2007 e anos anteriores.
CIRCUITO MEDIO: 1.660 metros, para os nados entre 2008 e 2013.
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 metros, para os nados en 2014 e 2016 e anos posteriores.


A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte se dubidas no percorrido. 
   
Perfil do circuíto de de 6,3 kms.

 
Podium de categorías inferiores, 2017


2011, Pedro Nimo (210) e Rafael Fuentes (376)
no grupo cabeceiro ao seu primeiro paso por meta

domingo, 31 de xaneiro de 2021

ALEJANDRO GÓMEZ

Hoxe, domingo 31 de xaneiro, produciuse o pasamento de Alejandro Gómez Cabral. Extraordinario atleta sen o cal este deporte non sería probablemente o que é hoxe en día en Galicia. Tampouoco a Carreira Popular de Meaño sería o que é sen as súas participacións.

Gracias "Galgo de Zamáns". Corre libre alí donde estés.

Desde o GAM, queremos dar unha aperta á súa familia nestes intres dan duros.

Alejandro Gómez (1997)


luns, 14 de decembro de 2020

                     PREMIOS CON MOITO DEPORTE :

CORRER POR MEAÑO & TENIS DE MEAÑO

Agotado o prazo, entregáronse os premios de CORRER POR MEAÑO aos galardoados. Unha iniciativa da Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. que tirou de imaxinación para manter vivo o espíritu da Carreira Popular de Meaño no ano do covid.  A vivencia foi posible gracias á colaboración das firmas Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Atlántico-Lage. Delas, o peche de hostalería pola situación covid, aprazou a disfrute de bono-tapas na Quinta de San Amaro para Lupe Vilar e Estefanía Silva (e respectivos acompañantes). A establecemento xa contactou coAs galardoadas para comunicarlles que poderán disfrutar desde convite un chisco máis adiante, cando recuperemos certa normalidade. Aquí vos deixamos as fotos de entrega de galardóns e o noso consello para este nadal: merca o teu agasallo navideño no comercio local. Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Lage son tres emblemas que nos enorgullecen en ser escaparate e embaixadores de Meaño. (NOTA: Publicarase máis adiante as fotos dos premios da Quinta de San Amaro).



Cristina Castro e Alfonso García "Achas" recollen o premio e Paco&Lola



Visita e degustación en adega
dun Paco&Lola



Olivia Rodríguez Moreda recolle
o lote infantil no
Supermercado Atlántico-Lage


Cecilia Abal Mosteiro
recolle o seu lote infantil
 en Supermercado
Atlántico-Lage

E tamén no marco de agasallos o CTM GAM sorteou un fin de semana nun balneario, galardón co que a Asociación G.A.M. se fixera gañando o concurso do programa Bamboleo da TVG. E para obter uns ingresos para a sección do Clube de Tenis de Mesa procedeuse ao sorteo, entega da que acompañamos foto. Se estás interesado en achegarte e probar este deporte, non dubides en pasarte polo pavillón de As Covas-Meaño, os lunes e mércores entre 19 e 21 horas. Sexas de onde sexas. Alí informarante. Sen compromisos. Un deporte con un equipo de xente que te vai enganchar! Próbao!


María Estévez recolle o premio na libraría-café "O Principiño" en Meaño

mércores, 25 de novembro de 2020

NOTA ACLARATORIA


Este pasado sábado 21 de novembro veu de celebrarse unha concentración na Praza da Feira, organizada polo grupo de goberno do Concello de Meaño, para protestar pola recente perda do pediatra no centro de atención primaria de Dena.

Ante todo, manifestar e recalcar a solidariedade desta asociación coa sociedade meañesa pola perda do pediatra e amosamos o noso apoio á esixencia de que este posto sexa restituido o antes posible.

Agora ben. 

A Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. (e concretamente o seu presidente) rexeitou a última hora do venres 20 de novembro participar na citada concentración (que según se nos informou estaba limitada a 20 personas), xa que se nos indicou que na mesma se ía ler un manifesto e, despois de solicitar copia do mesmo, non se nos facilitou. Como non pode ser doutro xeito, e por moito que estemos de acordo co fondo do asunto, non podemos adherirnos a un texto que descoñecemos. Coñecemento que entendemos esencial en pro da transparencia, para pronuciarnos como colectivo sobre o parecer, e a fin de evitar a utilización política dunha asociación cultural e deportiva como é a nosa.

Por outra banda, tivemos coñecemento de que non todas as asociacións foron chamadas (e o límite de aforo non é excusa para elo), o que xa de por si cuestiona a suposta neutralidade e sinceridade do acto e o invalida, dende logo se o pretendido era amosar a unión e apoio do tecido asociacional deste concello.

Desde aquí a nosa solidariedade con aqueles colectivos que non foron chamados e que, cónstanos, están tanto ou máis interesados en que se restitúa o pediatra.

Esperamos e desexamos que en futuras ocasións, e dunha vez por todas, o Concello conte con "todas" as asociacións, con sinceridade, con humildade e sen segundas intencións. 


Posición ésta que facemos pública a través deste medio.

sábado, 19 de setembro de 2020

(III) CORRENDO (xa) POR MEAÑO... edición Ad Libitum

Finalizado o prazo para enviarnos as vosas fotos (o pasado 16 de setembro), actualizamos cos derradeiros valentes participantes nesta iniciativa, inusual edición da Carreira Popular de Meaño.

Agradecémosvos a todos e cada un dos que nos enviáchedes fotos, e tamén ós que corréchedes sen enviala, que coa vosa participación axudarades a manter viva a Carreira de Meaño.

A Covid-19 non é senón unha escusa para deixar de facer, deixar de imaxinar, deixar de vivir; e nós, como Asociación, como sociedade, non o podemos permitir. Somos moito máis fortes que esta enfermidade e moito máis que as institucións que deberían velar por todos e que, escondéndose detrás desta enfermidade, fan unha flagrante deixación do seu deber, desde o Governo central, pasando pola Xunta e terminando nos Concellos.

O dito. Máis de 50 valentes que participáchedes e ós que estamos agradecidos.

Viva a imaxinación!!

Lupe, Rosa e Nesti

Alberto

José Luis

Ramón

Beni, Joel, Carmen e Sandra

Trini e Roque

Elva

Nuria

Claudia, Olivia, Daniela, Raúl e Martina

Pilar e Juan

Xoixe

Ángel

Enrique e Basilio

Richi, Belén e Ceci

Lucas

Juan Manuel

Diego