Asociación Cultural e Deportiva G.A.M.
“A COVA DO TRASNO” RESCATA AO CEGO DE PADRENDA CO SEU “XAN PIRULÉ”
Volta A COVA DO TRASNO, un foro-coloquio de ámbito cultural que completará a terna de tres encontros por curso, que así o concibe a asociación G.A.M. Nesta ocasión viaxaremos á parroquia de Padrenda para poñer en valor alí a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”. Será o vindeiro sábado día 22 na Casa de Cultural de Padrenda ás 22 horas, e con entrada libre. Contempla unha charla-coloquio sobre este personaxe, para descubrilo ás novas xeracións, ou para contar cos maiores de Padrenda para que aporten as lembrazas legadas polo antergos sobre o cego Padín.
Charla, coloquio e, como e norma neste foro por parte de organización, música en directo de mans do acordeonista Pablo Dovalo e da soprano meañesa Rosana Domínguez, que é natural e veciña de Padrenda.
O “hit” e as razóns
Rosana Domínguez e Pablo Dovalo interpretarán en directo “O Xan Pirulé”, que fora o hit musical do cego Padín alí onde ía, acompañados polo acordeón que era o instrumento de cabeceira do cego. Pero non só poderá escoitalo, senón que o público, guiados por estos intérpretes, terán despois a ocasión de poder aprender a cantar “O Xan Pirulé”, y interpretalo xuntos ao remate na honra do “Cego de Padrenda”. Unha experiencia única e irrepetible, da que nunca poideches disfrutar. Un canto do que os maiores de Meaño e bisbarra oiron falar, que que nunca souberon cantar. Esteas onde esteas, léanos de ondo nos leas, a túa ocasión está en Padrenda o vindeiro sábado. No o perdas. E máis, para rematar, e no peto unha última sorpresa do que as xentes de Padrenda van disfutar.
O que move a esta “Cova do Trasno” da asociación G.A.M. é precisamente contribuir a divulgar a nosa cultura de aldea. Facelo con honra, sen complexos, nen tapuxos nen medos. Facémolo coa única de pretensión de que a nosa historia permañeza por enriba do material. Sentimento puro. Non máis.
Os personaxes esquecidos
Con este terceiro encontro péchase a terna de personaxes
escollidos para ser rescatados. Antes, en novembro, iniciabámolo con José
Calviño Domínguez, elixindo para iso o seu Lores natal. Fora o político máis
importante habido en Meaño: gobernador civil de Pontevedra, Vizcaya e Sevilla,
Director Xeral de Beneficencia no Goberno de España e deputado en Cortes pola
ORGA, colléndoo golpe do 1936 nun cargo de goberno en Madrid, tendo que exiliarse
a Francia.
Logo, o pasado mes de maio, no mes das Letras, rescatabamos á
poeta Herminia Fariña. Fixémolo en Simes, que fora a súa parroquia meañesa de
adopción, e onde está soterrada. E agora toca co cego Padín e o seu “Xan Pirulé”.
Punto e final a unha terna de encontros coa queremos contribuir humildemente a
rescatar para a memoria colectiva a estos nosos valedores.
O cego de Padrenda en Cambados, visto polo pincel de Castelao

O cego de Padrenda en Cambados, visto polo pincel de Castelao |
Ningún comentario:
Publicar un comentario