Como non podía ser doutro xeito, a tan manida crise económica tamén tivo as súas consecuencias no GAM. E é que o servidor da nosa antiga páxina web (www.asociaciongam.org) tiña un custe excesivamente elevado. Por elo, decidimos botar man das ferramentas "gratuítas" que existen na actualidade, como é o caso de Blogger, creando unha nova páxina máis dinámica e comunicativa, pensada para as poucas actividades que desenvolvemos na actualidade.
Choveu moito desde que no ano 1989 se creara o GAM, e son moitos os cambios que sofreu o mundo desde entón. Pero aquí seguimos, nunha nova etapa que, esperamos, sexa tan ilusionante como a pasada.
1 comentario:
Éste é un exemplo de comenario
Publicar un comentario