sábado, 15 de xuño de 2024

 Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. 

“A COVA DO TRASNO” RESCATA AO CEGO DE PADRENDA CO SEU “XAN PIRULÉ”


Volta A COVA DO TRASNO, un foro-coloquio de ámbito cultural que completará a terna de tres encontros por curso, que así o concibe a asociación G.A.M. Nesta ocasión viaxaremos á parroquia de Padrenda para poñer en valor alí a Eugenio Padín, “O Cego de Padrenda”. Será o vindeiro sábado día 22 na Casa de Cultural de Padrenda ás 22 horas, e con entrada libre. Contempla unha charla-coloquio sobre este personaxe, para descubrilo ás novas xeracións, ou para contar cos maiores de Padrenda para que aporten as lembrazas legadas polo antergos sobre o cego Padín.

Charla, coloquio e, como e norma neste foro por parte de organización, música en directo de mans do acordeonista Pablo Dovalo e da soprano meañesa Rosana Domínguez, que é natural e veciña de Padrenda.
 

O “hit” e as razóns
Rosana Domínguez e Pablo Dovalo interpretarán en directo “O Xan Pirulé”, que fora o hit musical do cego Padín alí onde ía, acompañados polo acordeón que era o instrumento de cabeceira do cego. Pero non só poderá escoitalo, senón que o público, guiados por estos intérpretes, terán despois a ocasión de poder aprender a cantar “O Xan Pirulé”, y interpretalo xuntos ao remate na honra do “Cego de Padrenda”. Unha experiencia única e irrepetible, da que nunca poideches disfrutar. Un canto do que os maiores de Meaño e bisbarra oiron falar, que que nunca souberon cantar. Esteas onde esteas, léanos de ondo nos leas, a túa ocasión está en Padrenda o vindeiro sábado. No o perdas. E máis, para rematar, e no peto unha última sorpresa do que as xentes de Padrenda van disfutar.

O que move a esta “Cova do Trasno” da asociación G.A.M. é precisamente contribuir a divulgar a nosa cultura de aldea. Facelo con honra, sen complexos, nen tapuxos nen medos. Facémolo coa única de pretensión de que a nosa historia permañeza por enriba do material. Sentimento puro. Non máis.


Os personaxes esquecidos

Con este terceiro encontro péchase a terna de personaxes escollidos para ser rescatados. Antes, en novembro, iniciabámolo con José Calviño Domínguez, elixindo para iso o seu Lores natal. Fora o político máis importante habido en Meaño: gobernador civil de Pontevedra, Vizcaya e Sevilla, Director Xeral de Beneficencia no Goberno de España e deputado en Cortes pola ORGA, colléndoo golpe do 1936 nun cargo de goberno en Madrid, tendo que exiliarse a Francia.

Logo, o pasado mes de maio, no mes das Letras, rescatabamos á poeta Herminia Fariña. Fixémolo en Simes, que fora a súa parroquia meañesa de adopción, e onde está soterrada. E agora toca co cego Padín e o seu “Xan Pirulé”. Punto e final a unha terna de encontros coa queremos contribuir humildemente a rescatar para a memoria colectiva a estos nosos valedores.


O cego de Padrenda en Cambados, visto polo pincel de Castelao


 



mércores, 1 de maio de 2024

 

A ROSALÍA ESQUECIDA



Dentro de nova tempada de A COVA DO TRASNO que se propón recuperar grandes personaxes pero esquecidos en Meaño, a Asociación GAM prepara unha nova entrega. Se en novembro facíamolo rescatando ao político da II República José Domínguez, na que fora súa parroquia de Lores, nesta viaxamos a Simes para rescatar a figura de Herminia Fariña. E facémolo, como non, no mes da Letras, ás portas do Día das Letras Galegas.


Por que Herminia Fariña foi esquecida? Por que non é aínda hoxe valorada? Cabe rescatar a súa memoria? A esta e outras preguntas trataremos de dar resposta en
A COVA DO TRASNO, con expertos na que chamamos A ROSALÍA ESQUECIDA. 


Pero tamén queremos contar contigo, máis aínda se eres maior, e lémbraste de tratar a esta muller. A túa testimuña pode dar luz para coñecela un chisco máis.

Será en Simes, o venres 10 de maio ás 21,45 horas, con entrada libre ata completar aforo. Se che semella de interese, non faltes. Ah! E como sempre contaremos con música en directo. Coa colaboración ALBARIÑO DO FERREIRO.

Tempo do foro de debate-coloquio: 55’.

venres, 27 de agosto de 2021

CORRER POR MEAÑO (2ª edición)

Por segundo ano consecutivo, Meaño non terá Carreira Popular. A falta de decisión desde o concello, desde a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. tiramos de ilusión e de imaxinación, para soprarlle un chisco co obxecto reavivar a chama e mantela aí en espera dun regreso. Facémolo retomando o “CORRER POR MEAÑO”, que xa puxemos en órbita o pasado ano. Porque o noso nunca foi o de quedarnos quietos. Ti anímaste? 

XXXV Carreira Popular de Meaño-2019

CORRER POR MEAÑO volta a ser unha iniciativa altruísta, aberta a tod@s, e cun sentido dobre. Por una banda, para que tod@ aquel/a que senta a chamada poida correr no circuíto de sempre, de voltar a correr por Meaño. E, por outra, podendo ser unha ocasión para aportar un chisco de correr ti por Meaño, nun ano no que as carreiras empezan a voltar aos calendarios.

Carreira Popular 2009, pelotón de saída das categorías de rapaces


Como participar? Non é un evento concreto, non ten data nen hora. O que facemos é recoller as vosas experiencias individuais. A partir de xa, dispós ata o 18 de setembro, para correr ou andar o percorrido do que era (e seguirá sendo) circuíto da Carreira Popular. Cronometra o teu tempo (opcional), se o tes mándanos ese rexistro co teu nome (máis un teléfono ou correo-e de contacto) e unha foto da túa experiencia de participación no II CORRER POR MEAÑO (individual ou con amig@s). Remíteo ao correo-e asociaciongam@gmail.com. Nós publicaremos nas nosas redes sociais, e as vinculadas á asociación, a foto, nome e tempo empregado por ti (se mandas rexistro), para poder compartilo con tod@s.


Gracias á colaboración das firmas patrocinadoras históricamente desde Carreira, ALBARIÑO PACO e LOLA, QUINTA DE SAN AMARO e CAFÉ-BAR LAGE, a asociación G.A.M. realizará, entre todos os atletas e andantes que participedes enviando a vosa experiencia en CORRER POR MEAÑO, un sorteo de:

ADULTOS: 2 sorteos de sendos lotes de albariño PACO&LOLA,
con visita guiada á adega para dúas persoas 

ADULTOS: 2 sorteos de sendos bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO
(con viño e tres tapas) para dúas persoas

INFANTIL: 2 sorteos de sendos vales de hamburguesa + refresco para dúas persoas
en CAFETERÍA-BAR LAGE (nen@ e acompañante)


IMPORTANTE: Para participar no sorteo debes aportar unha foto que reflexe un momento da túa participación nesta iniciativa, nome, idade (para saber se participas en lote de adultos ou infantil), tempo (opcional) e un contacto (telefónico ou por correo-e). Participar no sorteo implica a autorización para publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas redes sociais vinculadas a CORRER POR MEAÑO. Remite todo (nome, foto, idade, tempo empregado no circuíto -opcional- e contacto) á dirección de correo-e  asociaciongam@gmail.com

NOTA: Os agasallos sorteados entregaranse a inicios de outubro (unha vez pasada a vendima). En boa lóxica, os premiados deberán acreditar a súa identidade no momento de facer uso, e os bonos que se entreguen serán personais e instransferibles.

Cal é o teu circuíto?
CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros, para os nados en 2007 e anos anteriores.
CIRCUITO MEDIO: 1.660 metros, para os nados entre 2008 e 2013.
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 metros, para os nados en 2014 e 2016 e anos posteriores.


A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte se dubidas no percorrido. 
   
Perfil do circuíto de de 6,3 kms.

 
Podium de categorías inferiores, 2017


2011, Pedro Nimo (210) e Rafael Fuentes (376)
no grupo cabeceiro ao seu primeiro paso por meta

domingo, 31 de xaneiro de 2021

ALEJANDRO GÓMEZ

Hoxe, domingo 31 de xaneiro, produciuse o pasamento de Alejandro Gómez Cabral. Extraordinario atleta sen o cal este deporte non sería probablemente o que é hoxe en día en Galicia. Tampouoco a Carreira Popular de Meaño sería o que é sen as súas participacións.

Gracias "Galgo de Zamáns". Corre libre alí donde estés.

Desde o GAM, queremos dar unha aperta á súa familia nestes intres dan duros.

Alejandro Gómez (1997)


luns, 14 de decembro de 2020

                     PREMIOS CON MOITO DEPORTE :

CORRER POR MEAÑO & TENIS DE MEAÑO

Agotado o prazo, entregáronse os premios de CORRER POR MEAÑO aos galardoados. Unha iniciativa da Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. que tirou de imaxinación para manter vivo o espíritu da Carreira Popular de Meaño no ano do covid.  A vivencia foi posible gracias á colaboración das firmas Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Atlántico-Lage. Delas, o peche de hostalería pola situación covid, aprazou a disfrute de bono-tapas na Quinta de San Amaro para Lupe Vilar e Estefanía Silva (e respectivos acompañantes). A establecemento xa contactou coAs galardoadas para comunicarlles que poderán disfrutar desde convite un chisco máis adiante, cando recuperemos certa normalidade. Aquí vos deixamos as fotos de entrega de galardóns e o noso consello para este nadal: merca o teu agasallo navideño no comercio local. Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Lage son tres emblemas que nos enorgullecen en ser escaparate e embaixadores de Meaño. (NOTA: Publicarase máis adiante as fotos dos premios da Quinta de San Amaro).



Cristina Castro e Alfonso García "Achas" recollen o premio e Paco&Lola



Visita e degustación en adega
dun Paco&Lola



Olivia Rodríguez Moreda recolle
o lote infantil no
Supermercado Atlántico-Lage


Cecilia Abal Mosteiro
recolle o seu lote infantil
 en Supermercado
Atlántico-Lage

E tamén no marco de agasallos o CTM GAM sorteou un fin de semana nun balneario, galardón co que a Asociación G.A.M. se fixera gañando o concurso do programa Bamboleo da TVG. E para obter uns ingresos para a sección do Clube de Tenis de Mesa procedeuse ao sorteo, entega da que acompañamos foto. Se estás interesado en achegarte e probar este deporte, non dubides en pasarte polo pavillón de As Covas-Meaño, os lunes e mércores entre 19 e 21 horas. Sexas de onde sexas. Alí informarante. Sen compromisos. Un deporte con un equipo de xente que te vai enganchar! Próbao!


María Estévez recolle o premio na libraría-café "O Principiño" en Meaño